Manuel e David retoman os adestramentos con Galicia Sub-18
Os burelistas Manuel Jiménez e David Rodríguez retoman hoxe os adestramentos de Galicia Sub-18 para a súa cita na gran final do Campionato de España de Seleccións Territoriais, que terá lugar en Melilla entre o 18 e o 21 de marzo.
Os galegos conseguiron a súa clasificación en decembro tras impoñerse aos combinados do País Vasco (0-5) e Aragón (4-2) na eliminatoria previa de Santiago de Compostela. Xunto á selección de Santiago Valladares disputarán a fase final Melilla, Andalucía, Madrid, Cataluña e Castela-A Mancha.
Esta tarde, a partir das 16.45 horas, o pavillón compostelán de Pontepedriña tamén reunirá a Antonio Diz, Ángel Trabada e Jorge Pérez, do Azkar Lugo; Pablo Tallón, David Pazos e Marcos Fernández, do Autos Lobelle; Borja Pernas, Iván Rey e Roberto Bellas, do Puerto Celeiro; Óscar Mogade, do Coruxo FC; e Adrián Roma, do AD FS Bueu.
Grupo 1º - GALICIA, MELILLA e CATALUÑA
Grupo 2º - MADRID, ANDALUCÍA e CASTELA-A MANCHA
Xoves 18 de marzo
17.00 horas: Madrid-Castela A Mancha
19.00 horas: Galicia-Cataluña
Venres 19 de marzo
16.00 horas: Andalucía-Perdedor do Madrid-Castela A Mancha
18.00 horas: Melilla-Perdedor do Galicia-Cataluña
Sábado 20 de marzo
17.00 horas: Andalucía-Gañador do Madrid-Castela A Mancha
19.00 horas: Melilla-Gañador do Galicia-Cataluña
Domingo 21 de marzo
10.30 horas: 3º e 4º POSTO
12.30 horas: FINAL
< ?xml:namespace prefix = o ns = "urn:schemas-microsoft-com:office:office" />
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas