26/02/2010

O equipo feminino desprázase a Logroño con opcións de escalada

O equipo feminino desprázase a Logroño con opcións de escalada

O Burela FSF Pescados Rubén afronta unha cita máis na súa meritoria estrea na División de Honra, visitando o Kupsa 4 Arcos Logroño. Co anhelo de reencontrarse coa vitoria, tras o 1-4 ante o Cajasur Córdoba, as pupilas de Javier Pardeiro terán a oportunidade raspiñar algunha posición mañá, no pavillón municipal logroñés de Lobete, a partir das 19.00 horas.


A vixésimo primeira xornada da elite preséntase propicia para a escalada das laranxas. Na sexta praza e 36 puntos, o Burela FSF pode coarse ata a cuarta, tendo en conta o calendario dos seus rivais máis próximos, Atlético de Madrid Navalcarnero e UCAM Murcia, que cun só punto máis, son cuarto e quinto respectivamente; as madrileñas terán a dura tarefa de visitar a resistente pista do Córdoba (2º, 48 puntos) e ás murcianas tócalles a xornada de descanso.


O Burela FSF conta coa referencia do primeiro cruzamento na liga, no que se impuxo por 2-1. A isto tamén hai que engadir que as locais non experimentaron o triunfo nas últimas catro xornadas; dende a superioridade amosada ante o Campillos (7-3) e o empate ante o Cajasur (1-1) no final da primeira volta, o Logroño internouse nun ciclo de resultados en contra (Pinto 6-4, UCAM Murcia 1-4 e Teldeportivo 1-0).  


Marta será ausencia no vestiario de Pardeiro; a ala-peche burelista sufriu unha lesión no xeonllo ante o Córdoba. Tamén pode perigar a presenza en Logroño da gardameta Irene, que está sendo avaliada por unha posible microrrotura fibrilar.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.