09/04/2010

O Burela FS pelexa polo billete de play off ante o RAM León

O Burela FS pelexa polo billete de play off ante o RAM León

O Burela FS terá nas súas mans o billete de play off mañá, na vixésimo sétima xornada de Prata, ante o OE RAM León. Unha vitoria ante os casteláns garantiríalles aos pupilos de Suso Rey a presenza matemática entre os catro afortunados do Grupo Norte, independentemente dos resultados rivais, a falta de tres encontros para o remate.


A partir das 18.30 horas, Vista Alegre acollerá un partido que pode ser decisivo para os plans laranxas, na defensa da segunda praza (49 puntos) e con posibilidades de arrebartarlle o liderado ao Grupo Empresas Talavera (53). No entanto, o OE Ram León, dende a súa quinta posición (39 puntos), pelexa por coarse en postos de play off, antes da xornada de descanso, e non lles porá as cousas doadas aos mariñáns. Os tres puntos da ida subiron na cuadrícula do Burela FS, cun claro 0-3.


O da bomboneira non será o único duelo da fin de semana, nunha xornada de enfrontamentos na metade alta da táboa. Así, os talaveranos recibirán o BP Andorra, que defende o cuarto posto a 1 punto do RAM; o Gijón-El Llano, segundo con 42 puntos, medirase na casa ao Colegios Arenas Gáldar, que é sexto, empatado a puntos cos leoneses.


O burelista Revilla, con molestias aínda por unha escordadura de nocello, non poderá estar ao cen por cento para o encontro de mañá. No lado visitante, o técnico Roberto Garrido cumprirá o partido de suspensión imposto pola RFEF por impedir un saque de banda do Illescas a semana pasada.


Homenaxe Sub-18. O club burelao renderalles tributo a Manu e Juan polo recente título de subcampións de España acadado con Galicia, o 21 de marzo no Campionato Nacional de Seleccións Territoriais Sub-18 (Melilla). A xunta directiva homenaxeará os xogadores laranxas coa entrega duns trofeos conmemorativos nun acto previo ao encontro Burela FS-OE RAM León. 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.