17/04/2010

Os laranxas empatan en Tudela (2-2) e reducen a distancia co liderado

Os laranxas empatan en Tudela (2-2) e reducen a distancia co liderado

O Burela FS regresa de Tudela cun punto, tras o empate 2-2 fronte ao OPDE Ribera Navarra. Un punto que sabe a pouco, tendo en conta que o líder talaverano caeu na casa do Illescas (3-2), pero un punto moi práctico, que serve para colocarse a tres da cabeza do Grupo Norte.


O dominio laranxa non tivo esta tarde a recompensa merecida, a pesar de que todo apuntaba a un desenlace de celebración. O pichichi burelista, Dani Martín, sacoulles brillo ás súas zapatillas para inagurar o electrónico, no minuto 4, e poñer as cartas enriba da mesa. Porén, aos tres minutos, volvía a igualada dun lanzamento de Lupu. Sen conformarse co devir do encontro, Revilla foi quen repetiu vantaxe (minuto 14) nunha das innumerables ocasións dos mariñáns.


Tras o descanso e con 1-2, o Burela FS continuou na liña dominadora; aínda que o equipo laranxa viu reducidas as súas chegadas á portería rival, tamén desaproveitou tres oportunidades claras de sentenciar o partido. Despois dun incesante control laranxa, o porteiro-xogador volveu aparecer como o verdugo para os pupilos de Suso Rey. Faltando poucos segundos para o asubío final, Passarinho, nun tiro cruzado dende fóra da área, subiu o 2-2 ao marcador, sen opcións de recuperarse para os mariñáns.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.