19/05/2010

FS A Mariña pechará a liga en Cambre o 31 de maio

FS A Mariña pechará a liga en Cambre o 31 de maio

O equipo da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña pechará o seu periplo na liga da Copa Galega de Balompé ‘Todos polo Fútbol’ o luns 31 de maio, na pista de APEM Cambre.


Despois da derrota de onte no Monte Castelo por 14-2 ante o líder, APEM Coruña, FS A Mariña aínda terá oportunidade de despedirse da tempada por todo o alto, en Cambre, nos primeiros postos.


Os 11 equipos galegos que compoñen a cuarta edición de ‘Todos polo Fútbol’ volverán reunirse para a gran final o 2 de xullo na costa luguesa. Doa, Porta Nova, Lar, Lenda, APEM Carballo, APEM Coruña, APEM Cee, APEM Cambre, Morea Ourense, Morea O Barco e FS A Mariña reencontraranse en Burela para disputar a final, coa Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña como anfitrioa e a colaboración do CD Burela FS, o Concello de Burela e a Deputación Provincial de Lugo.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.