24/05/2010

A fisioterapia, prevención ante a competición prolongada

A fisioterapia, prevención ante a competición prolongada

O fisioterapeuta do Burela FS, David Mariña, protagonizou a segunda xeira das Xornadas Formativas laranxas, o venres pasado, tratando a súa especialidade no ámbito deportivo.


David Mariña salientou a importancia do seu traballo como método preventivo, “ante posibles problemas físicos derivados do sometemento dos xogadores á competición prolongada”. O labor do fisioterapeuta comeza na pretempada cunha valoración inicial do deportista: “debemos facer unha historia clínica, na que constarán os antecedentes traumáticos do xogador e os seus hábitos de alimentación para despois aplicar un programa individualizado centrado nas aptitudes e características de cada membro da plantilla, que poida reducir ao máximo a posibilidade de problemas físicos graves durante a tempada”. 


O fisioterapeuta burelista concluíu o seu relatorio facendo referencia aos tratamentos aplicados sobre as patoloxías máis habituais no fútbol sala, como torsións, distensións e contracturas e roturas musculares.


A vindeira cita coas II Xornadas Formativas será o xoves 27, cunha exposición da nutricionista Alba Vila sobre a alimentación saudable, ás 18.00 horas, no IES Monte Castelo.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.