29/05/2010

O Puertollano forza o partido de desempate cun Burela onte gris

O Puertollano forza o partido de desempate cun Burela onte gris

A eliminatoria de ascenso entre o Puertollano e o Burela decidirase nun terceiro partido, mañá ás 12.30 horas no Antonio Rivilla. O conxunto castelano-manchego igualou a serie onte co seu público como testemuña e diante dun adversario con menos poder de intimidación que no primeiro duelo. O Burela estivo onte gris e durante moitos minutos foi dominado polos da casa.
A primeira parte foi intensa. Xogouse a bo ritmo e víronse seis tantos.


O Burela acomodouse na cancha con prontitude, antes que o Puertollano, e os primeiros minutos foron seus. Borjita levou algún susto, pero foron os locais os que asestaron o primeiro golpe. Párraga inaugurou o marcador e converteu en dominador o seu equipo. O empate non tardou en chegar. Revilla interceptou o balón preto da liña de medios, esquivou cunha boa manobra a Borjita e, cando se dispuña a marcar a porta baleira, Isco chegou por detrás e empuxou o esférico á rede no seu intento de evitar o tanto.


A alegría dos lucenses durou só uns segundos. Johnny puxo a proba os reflexos de Edu nun saque de esquina e o rexeitamento cazouno Merino. Un gol que facía xustiza ao acontecido ata ese momento. Puideron igualar os laranxas. Malgastaron varias chegadas e pagárono co terceiro tanto na súa contra. Un golazo de Wiwi, que enviou o balón á escuadra cun zapatazo á saída dun córner. O cuarto de Fer tamén foi brillante. Deixou sentado ao seu par e bateu a Edu cun disparo raso. O encontro parecía encarrilado para os manchegos, pero o Burela reduciu a desvantaxe cando Purao compaxinaba as funcións de porteiro-xogador, estratexia que empregou nos catro últimos minutos. Os visitantes moveron o balón con criterio e velocidade antes de que Revilla aparecese no corazón da área para bater a Borjita.


Na segunda parte o técnico forasteiro mantivo a súa aposta de atacar con cinco. Iso garantiulle a posesión pero non o éxito. Só conseguiu que o Puertollano estirase a súa vantaxe grazas a un gol de Párraga a porta baleira cun lanzamento desde longa distancia. Responderon os lucenses da man de Dani Martín. O salmantino gañoulle as costas á defensa e marcou tras regatear a Borjita.


Apertábase o marcador, pero non rendía o pánico entre a parroquia local porque o Burela culminaba case todos os seus ataques con lanzamentos afastados. Nin ata cando o Puertollano esgotou a cota de faltas tremeu a afección. Werner case sentenciaba e Revilla, cun lanzamento raso, subía o 6-4 definitivo ao marcador do pavillón Antonio Rivilla.


 


Ficha técnica


 


Puertollano Rte. Dacho: Bojita, Werner, Kikillo, Merino, Fer –cinco inicial- Párraga, Isco, Jonhy, Wiwi.


Burela FS : Edu, Purao, Revilla, Juanma, Javi Rodríguez – cinco inicial- André, Minu, Cristian, Dani Martín.


Goles: 1-0, m.5, Párraga; 1-1, m.7, Javi Rodríguez; 2-1, m.8, Merino; 3-1, m.10, Wiwi; 4-1, m.14, Fer; 4-2, m.20, Revilla; 5-2, m.25, Párraga; 5-3, m.25, Dani Martín; 6-3, m.26, Werner; 6-4, m.37, Revilla.


Árbitros: Cotes García – Elena Pedros

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.