11/06/2010

Juanma aposta polo proxecto laranxa e renova co Burela FS

Juanma aposta polo proxecto laranxa e renova co Burela FS

Juan Manuel Marrube, Juanma, firmou a renovación co club laranxa por unha tempada máis logo de chegar a un acordo coa Xunta Directiva. O xogador mariñao quixo deixar constancia da súa “aposta pola continuidade do proxecto nunha etapa complexa” e destacou que “o binomio afección-equipo segue a ser un dos grandes logros deste club”.


Juanma, que estivo acompañado polo vicepresidente Manuel Blanco e o directivo José Luis Sáez, viviu a maior parte das etapas máis gloriosas polas que pasou o CD Burela FS dende a súa fundación. O de Alfoz disputou, coa deste ano, catro fases de ascenso a Honra e participa activamente nas actividades educativas e de formación que organiza o club mariñao.


Para a Directiva, a continuidade de Juanma “é importante pola representatividade que ten para a entidade, e porque é unha persoa dun enorme valor humano e deportivo”, segundo afirmou José Luis Sáez.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.