15/06/2010

O á-peche André firma a súa renovación coa entidade laranxa por dúas tempadas máis

O á-peche André firma a súa renovación coa entidade laranxa por dúas tempadas máis

O á-peche André Luiz Nogueira Fernandes firmou a súa renovación co Burela FS por dous anos máis. O xogador brasileiro felicitouse pola “base sólida e a continuidade que se lle está a dar a este equipo, que fixo unha grande tempada”. André confía en que “o ano que ven estaremos de novo na loita, porque temos moitas gañas de darlle máis alegrías a esta afección, que o merece todo”.


Pola súa parte, o presidente do CD Burela FS, José Ramón González, celebrou a firma de André “pois é un xogador con moito potencial de futuro, e que acaba de protagonizar unha moi boa tempada”.


André, que cumprirá así o seu segundo ano no equipo laranxa, procede da serie A2 italiana e militara con anterioridade nas categorías inferiores do Vasco da Gama. Entre outros logros, foi campión da Liga Carioca sub-20. Ao longo da tempada que acaba de rematar, disputou 27 partidos ás ordes de Suso Rey.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.