18/06/2010
Lidia xogará un ano máis en Honra co equipo laranxa
A xogadora ferrolá Lidia María Mesías Espiñeira firmou a renovación co club laranxa acompañada polo presidente da entidade, José Ramón González, e manifestou a súa satisfacción pola tempada que remata: “a nivel persoal está a ser unha experiencia estupenda e gustaríame agradecerlle tanto ao club como á afección o apoio recibido. Para nós é moi importante”.
Lidia viviu con satisfacción a súa firma por un ano máis e considera que “aínda podo dar máis de min e espero contribuír a que o Burela FSF logre cotas máis altas na competición”. Pola súa banda, o presidente expresou a súa alegría “porque unha xogadora importante e cunha grande proxección continúe na entidade”.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas