20/06/2010

O Burela FSF goleou ao Valladolid no epílogo do seu debut na elite

O Burela FSF goleou ao Valladolid no epílogo do seu debut na elite

O Burela FSF Pescados Rubén despediuse da súa primeira tempada na División de Honra cun gran sabor de boca, logo de golear a domicilio ao Valladolid FSF: 1-7.


As xogadoras burelás foron moi superiores ao conxunto castelán durante os corenta minutos do partido e saíron en tromba nos primeiros cinco minutos, o que provocou que o Burela FSF puxese rapidamente terra polo medio con doas tantos de Rosana.


A pesar desta renda, as laranxas non se acomodaron e seguiron buscando con afán o terceiro gol, que chegou no minuto 10 cun gran gol de Dolo, logo de arrincar desde campo propio, driblar a dous rivais e definir con calidade sobre a saída da gardameta local Celia.


Con 0-3 no electrónico e cando só se disputaran once minutos de partido, o técnico local apostou pola táctica da porteira-xogadora, que en ningún momento puxo en apuros ao cadro mariñán. Todo o contrario, xa que só un minuto despois a local Ro anotaba en propia porta o cuarto á conta do Burela FSF Pescados Rubén.


A local Leti anotou, a tres minutos do descanso, o tanto da honra castelá e a burelá Cuchi lograba o quinto cando faltaba algo máis dun minuto para o descanso.


Á volta dos vestiarios, o cadro de Javier Pardeiro continuou levando o temón do partido, pero baixou un pouco a súa intensidade ofensiva. Este menor ritmo en ataque derivou en que durante o segundo tempo só se visen os dous goles de Souza.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.