24/06/2010

O Vermoim portugués, rival dos xuvenís laranxas en Ourense

O Vermoim portugués, rival dos xuvenís laranxas en Ourense

O equipo xuvenil do CD Burela FS enfrontarase ao Vermoim, de Portugal, o vindeiro sábado, 26 de xuño, na Cidade das Burgas, nun torneo organizado polo Ponte Ourense CF.


O polideportivo de Oira acollerá un cuadrangular no que, ademais dos lusos e dos mariñáns, tamén participarán o Baíña FS, de Baiona, e o Ponte Ourense CF, como anfitrión.


Ás 10.30 horas estrearanse en duelo os pontevedreses e os ourensáns e, ás 12.00, tocaralles ao Burela FS e ao Vermoim. Pola tarde, ás 17.00, dará comezo a loita polo terceiro e cuarto posto e unha hora e media máis tarde, na gran final, decidirase o gañador da cita. O torneo clausurarase ás 20.00 horas, coa entrega de trofeos.


 


Sábado 26 de xuño


10.30 horas: Baíña FS-Ponte Ourense CF
12.00 horas: Burela FS-Vermoim


17.00 horas: Terceiro e cuarto posto
18.30 horas: Final


20.00 horas: Entrega de trofeos

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.