29/06/2010

Manuel Blanco e Edu lanzan unha mensaxe de confianza no proxecto laranxa

Manuel Blanco e Edu lanzan unha mensaxe de confianza no proxecto laranxa

O Burela FS na figura do seu vicepresidente, Manuel Blanco, quere lanzar unha mensaxe de optimismo de cara á vindeira tempada. Blanco estivo acompañado polo porteiro Edu, que tamén fixo extensible a súa aposta polo club laranxa. “O Burela FS conta cunha base sólida e queremos seguir a traballar por un proxecto que ilusione, sendo conscientes das limitacións do momento no que vivimos, pero sempre coa garantía que nos outorga a grande afección ao fútbol sala na comarca”, dixo Blanco.


Pola súa banda, Edu non deixou pasar a ocasión para incidir na súa continuidade no club mariñán por dous anos máis: “Para min supón unha satisfacción enorme vestir a camiseta laranxa. Tanto a miña familia coma min mesmo estamos moi contentos na Mariña e Burela é o mellor sitio para gozar co fútbol sala. A miña intención é quedar aquí moitos anos”, declarou o porteiro burelista.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.