29/06/2010

O ala-peche Adri Gaona lucirá a camiseta burelista en 2010-11

O ala-peche Adri Gaona lucirá a camiseta burelista en 2010-11

O ala-peche Adrián Gaona Martín lucirá a camiseta do CD Burela FS na tempada 2010-11. O gaditano, de 24 anos, chegará á Mariña procedente do Extremadura Cáceres 2016, conxunto no que militou durante o último exercicio, destacando pola súa polivalencia e liderado.


A pesar da súa xuventude, Adri Gaona xa conta cunha dilatada experiencia en Prata; ademais do Cáceres (2009-10), o xogador tamén gozou da categoría no CFS Laguna Playas de Salou (2008-09) e Promociones Fuentemar FS (2007-08). 


Os inicios futbolísticos do ala-peche remóntanse a 1ª Nacional A, co Cádiz FS (2004-05), época na que tamén foi convocado pola Selección Andaluza Sub-18. O salto á División de Prata deuno con outro conxunto da terra, o CD Virgili Cádiz FS, no que xogou entre 2005 e 2007 e co que conseguiu proclamarse campión de 1ª Nacional A e o ascenso. Entre o seu palmarés tamén figura o título de subcampión de España coa Selección Andaluza Sub-21 en 2007-08.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.