02/07/2010

Rosana renova o seu compromiso co Burela FSF Pescados Rubén

Rosana renova o seu compromiso co Burela FSF Pescados Rubén

Rosana Carballés, Ro, continuará unha tempada máis nas filas do Burela FSF Pescados Rubén. A xogadora mariñá, de 24 anos, foi recibida onte polo directivo Marcelino Luna nas oficinas do club para renovar o seu compromiso co equipo burelista.


Esta converterase na terceira tempada de Ro co Burela FSF Pescados Rubén. A pivote vinculouse ao emerxente proxecto laranxa en 2008-09, procedente do Foz FSF, co nacemento da División de Prata Feminina, tempada na que o conxunto burelao ascendeu a Honra, con Rosana como máxima goleadora. Na estrea da elite, en 2009-10,  a mariñá tamén sobresaíu pola súa finalización, con 17 goles na liga.


“Para min é un auténtico orgullo vestir a camiseta laranxa un ano máis; o Burela FSF é o meu equipo e sempre será así”, expresou a capitá burelá, que en 2010-11 espera repetir os éxitos e a harmonía do exercicio pasado: “O traballo do debut en Honra, coa sexta praza, implica certa responsabilidade cara a proxectos futuros, pero tamén nos enche de satisfacción porque neste ano aprendemos moito e medramos como futbolistas. O listón está moi alto, no entanto, agora xa temos un punto en experiencia; coñecemos a categoría e pelexaremos por acadar, polo menos, os resultados de 2009-10”.


“Como deportista, Rosana é a mellor das referencias para todas aquelas nenas mariñás que comezan a internarse no mundo do fútbol sala”, dixo o Marcelino Luna, que destacou a aposta do club por “crear unha base sólida para o equipo feminino dende a escola deportiva”. 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.