05/07/2010

Burela, a Festa do Fútbol Sala para Tod@s

Burela, a Festa do Fútbol Sala para Tod@s

A localidade de Burela acolleu o venres pasado a Festa do Fútbol Sala para Todos/as coa fase final da IV Copa Galega de Balompé ‘Todos polo Fútbol’, impulsada por Feafes Galicia e organizada pola Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña.


A competición, que contou coa colaboración da Xunta de Galicia, Fundación Deporte Galego, Deputación de Lugo, Concello de Burela e o CD Burela FS, entre outros, reuniu máis de 150 participantes no pavillón Vista Alegre, pertencentes a 11 asociacións galegas: APEM Coruña, APEM Cambre, Porta Nova (Narón), APEM Carballo, APEM Cee, Morea (Ourense), Alba (Pontevedra), Lenda (Redondela), Lar (Vilagarcía de Arousa), Doa (Vigo) e o anfitrión, FS A Mariña.


O redondelán Lenda e APEM Coruña fixéronse co primeiro e segundo posto, respectivamente, nunha xornada na que reinaron o compañeirismo e a integración social.


Esta cita polo deporte en igualdade rematou coa entrega de trofeos tanto da fase regular como da final, coa presenza do delegado de Deportes da Deputación de Lugo, Antón Veiga; o alcalde de Burela, Alfredo Llano; a concelleira de Deportes de Burela, Neves Cando; a concelleira de Sanidade de Burela, Sonia Fraga; os directivos do CD Burela FS Marcelino Luna e José Luis Sáez; e o porteiro do Burela FS Edu; ademais de diferentes representantes de Feafes Galicia e a Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña. FS A Mariña recibiu o galardón de Equipo con Máis Deportividade das mans do gardameta laranxa Edu.


 


ELIMINATORIA PREVIA


APEM Cambre 3-2 Porta Nova
Doa 7-0 APEM Carballo
Alba 6-2 Cambre


 


CUARTOS


Lenda 5-1 Doa
APEM Cee 0-3 Alba
A Mariña 0-Lar 2
APEM Coruña 3-1Morea Ourense



SEMIFINAIS


Lenda 8-1 Alba
Lar 0-2 APEM Coruña


 


FINAL


Lenda 5-3 APEM Coruña

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.