Actualidade
Lucía continuará no Burela FSF unha tempada máis
A ala-peche Lucía Nespereira, a pichichi do Burela FSF Pescados Rubén no seu debut en Honra, continuará unha tempada máis baixo as ordes de Javier Pardeiro na vila mariñá. O directivo do CD Burela FS Marcelino Luna recibiu a xogadora ourensá a semana pasada, nas oficinas do club, para formalizar a súa renovación de cara a 2010-11.
Lucía manifestou a súa satisfacción por seguir formando parte do proxecto burelista porque “a filosofía de traballo do Burela me parece moi acertada”. "A renovación non é máis que o paso lóxico despois dun ano estupendo, no que recibín un trato moi bo por parte do club, dende a directiva ata o equipo técnico e, por suposto, a afección” dixo a ala-peche laranxa, que tamén quixo analizar as posibidades do equipo no seu futuro máis recente: “Creo sinceramente que o Burela FSF está asentado na categoría, logo dun comezo un pouco dubitativo, e penso que na vindeira tempada deberiamos apostar por volver ser o equipo referencia en Galicia, estar na Copa de España e intentar quedar entre os 6 primeiros da liga".
Marcelino Luna cualificou a Lucía como “un piar fundamental para o equipo burelista”. “A súa experiencia de máis de seis anos na elite outorgoulle unha constancia envexable e ademais é unha deportista que proporciona moito carácter no xogo” dixo o directivo burelista.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas