21/07/2010

O Ximnasio Breogán reafirma o seu apoio á entidade burelista

O Ximnasio Breogán reafirma o seu apoio á entidade burelista

O Ximnasio Breogán de Burela reafirma unha tempada máis o seu apoio á entidade burelista coa renovación da súa colaboración. Na mañá de hoxe, o directivo do club laranxa Antonio Ródenas foi o encargado de selar xunto ao xerente do centro deportivo, Alberto Prado, a prolongación do convenio que lles permite aos membros do CD Burela FS o uso das devanditas instalacións.


Ambas as dúas partes expresaron a súa satisfacción pola continuidade do acordo. “Para o club supón unha axuda importante, xa que contamos con instalacións de primeiro nivel para acadar unha preparación óptima dos deportistas” explicou Antonio Ródenas. Pola súa banda, Alberto Prado mostrouse “orgulloso pola súa particular contribución ao desenvolvemento do CD Burela FS e do deporte local”.


O Ximnasio Breogán, sito na rúa burelá Álvaro Cunqueiro, número 1, leva máis dun quinquenio prestando o seu apoio ininterrompido ao CD Burela FS na preparación dos seus xogadores e xogadoras. Recentemente, o centro ampliou as súas instalacións en 200 metros cadrados e, no mes de maio, incorporou como novidades aeróbic, batuka, bailes de salón, step e king boxing, entre a súa extensa oferta de servizos.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.