23/07/2010

O Burela FS abre a inscrición do seu torneo de fútbol praia Sub-16 (3-4 agosto)

O Burela FS abre a inscrición do seu torneo de fútbol praia Sub-16 (3-4 agosto)

O CD Burela FS abrirá a inscrición do seu torneo de fútbol praia Sub-16, que se disputará entre o 3 e 4 de agosto na praia Urbana da vila, o luns 26 de xullo.


Na devandita competición, que conta coa colaboración do Concello de Burela, poderán participar os nenos/as nados con posterioridade a 1994 (incluído). Os equipos poderán dispor dun máximo de 9 xogadores/as.


O prazo de inscrición rematará o venres 30 de xullo, ás 20.00 horas. As persoas interesadas poden anotarse nas oficinas do CD Burela FS (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado. Horario de atención: 10.00-14.00 // 16.00-20.00 horas) ou chamando aos números de teléfono 982 581 815 e 667 409 644.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.