02/08/2010

O cadro de Suso Rey preséntase o 6 de agosto na bomboneira

O cadro de Suso Rey preséntase o 6 de agosto na bomboneira

O vindeiro venres, 6 de agosto, a bomboneira dará a coñecer o proxecto do CD Burela FS para a emocionante División de Prata da vindeira tempada, coa presentación do cadro de Suso Rey. Os protagonistas do espectáculo laranxa 2010-11 saltarán á pista de Vista Alegre a partir das 21.00 horas.


Con esta cita, o Burela FS inaugurará oficialmente a súa pretempada, que se clausurará o 4 de setembro, coa visita do Melilla FS, na primeira xornada da liga. O conxunto laranxa estreará os amigables de preparación en Vista Alegre, o 14 de agosto, co partido de presentación ante a afección fronte ao Mera FS, de Primeira Nacional A. O 17 de agosto, na Semana Eypar de Melide, o cadro burelista enfrontarase ao Marfil Santa Coloma, de Honra, e o 19 ao Concello de Trabada FS, de Primeira Nacional B.  O seguinte destino será A Mariña, os días 21 e 22, co Memorial Celso Currás de Trabada, que dará paso a un triangular na Pontenova o 24, fronte ao Marfil e Superti-A Pontenova (Primeira A). Na cidade das Burgas, o rival será o honorable Xacobeo 2010 Lobelle de Santiago, o 28 de agosto. Vista Alegre despedirá a pretempada laranxa o 1 de setembro, coa visita do Pinturas Brulak FS, recentemente ascendido a Primeira A.


Como antesala da estrea do Burela FS 2010-11, a peña A Pataca Naranxa disputará un amigable, o mesmo 6 de agosto, con dous equipos configurados polos seus socios/as, a partir das 20.00 horas. Tras a presentación, a peña ofrecerá uns aperitivos para os asistentes ao evento.


Feminino. A gala de presentación do Burela FSF Pescados Rubén, que comezará a adestrar o 10 de agosto, terá lugar o venres 20 en Vista Alegre. A localidade coruñesa de Melide acollerá a primeira cita das pupilas de Javier Pardeiro, na Semana Eypar, o domingo 15, ante o Cidade das Burgas, conxunto que debutará esta tempada en Honra.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.