13/08/2010

O Burela FSF estreará a pretempada ante o Cidade das Burgas, en Melide

O Burela FSF estreará a pretempada ante o Cidade das Burgas, en Melide

O Burela FSF Pescados Rubén estrea a pretempada 2010-11 este domingo, na Semana Eypar de Melide. O pavillón da localidade coruñesa acollerá o encontro entre as pupilas de Javier Pardeiro e o Cidade das Burgas, novo conxunto da División de Honra, a partir das 20.00 horas.


A competición de Melide reunirá un total de 17 equipos ao longo de 6 días, unha pequena escolma do panorama futbolístico español con toques de internacionalidade: Viz Sinara, campión de Rusia; Azkar Lugo FS, Xacobeo 2010 Lobelle de Santiago, Marfil Santa Coloma, Carnicer FIAT Torrejón e Reale Cartagena, División de Honra; Burela FS, División de Prata; Azkar Lugo B, Mera FS e Noia FS, Primeira Nacional A; Ventorrillo Caixanova e Ribeira FS, Primeira Nacional B; Jim Sports Melide FS, Autonómica Norte; Burela FSF Pescados Rubén e Cidade das Burgas, División de Honra Feminina; Sobrado Xuventude FS, Provincial Feminina; e Selección Terra de Melide, Comarcal Feminina.


A entrada diaria da Semana Eypar será de 3 euros, con dereito aos dous partidos. Os espectadores/as tamén poderán acceder ao abono completo, para os seis días, a 12 euros.


A Semana Eypar ofrecerá, ademais, actividades de formación de fútbol sala como un curso de monitor e árbitro (do 16 ao 21), un campus de base (do 17 ao 19) e un clínic sobre as novas tendencias técnico-tácticas (entre o 20 e o 21).


Burela masculino. O conxunto de Suso Rey, pola súa banda, enfrontarase ao Marfil Santa Coloma, o martes 17. Segundo informou a organización do torneo, Jim Sports Melide FS será finalmente o rival laranxa para o xoves 19, substituíndo o Concello de Trabada FS, que non poderá participar.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.