26/08/2010

O alumnado laranxa comparte a xornada con nenos saharauís de 'Vacacións en Paz'

O alumnado laranxa comparte a xornada con nenos saharauís de 'Vacacións en Paz'

O alumnado da EDM Burela FS gozou hoxe dunha tarde de fútbol sala en Vista Alegre con 23 nenos e nenas saharauís que están pasando o verán na comarca da Mariña a través do programa ‘Vacacións en Paz’ da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. Baixo a organización deste colectivo, a actividade contou coa colaboración da Deputación de Lugo, o Concello de Burela e o club laranxa.


Xunto ao directivo do CD Burela FS José Luis Sáez e ao director da EDM, Alfonso Mera, ao partido tamén asistiron o delegado de Deportes da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, a concelleira de Deportes de Burela, Neves Cando, e as coordinadoras do programa, Ana María Mejuto e Francisca Méndez.


A familia laranxa compartiu cos seus convidados unha sesión de adestramento e xogos, dirixida polos monitores Marcelo Santoro, Carlos Méndez e Carlos Moreno, que concluíu con diferentes amigables.


A asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí traballa por mellorar as condicións de vida tanto dos refuxiados saharauís coma da poboación residente no Sáhara Occidental ocupada por Marrocos, ademais de facer un seguimento da axuda humanitaria dirixida aos refuxiados saharauís. Este ano ‘Vacacións en Paz’ bríndalles unha estancia agradable e divertida na Mariña a 23 nenos procedentes dos campamentos de refuxiados en Tindouf (Alxeria), lonxe do clima de guerra do que proceden. A través desta iniciativa, os pequenos teñen a oportunidade de coñecer formas distintas de vida, o que contribúe na súa formación e mellora a comunicación entre pobos. 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.