27/08/2010

Burela FS e Autos Lobelle disputarán a I Copa Barrios Deportivo de Ourense

Burela FS e Autos Lobelle disputarán a I Copa Barrios Deportivo de Ourense

O Burela FS viaxará mañá á cidade das Burgas para disputar a “I Copa Barrios Deportivo” ante o honorable Xacobeo 2010 Lobelle de Santiago FS, baixo a organización do xornal deportivo ourensán que lle dá nome á cita. O amigable arrancará ás 19.00 horas, no pavillón dos Remedios.


O encontro entre composteláns e burelaos constitúe o broche ao “I Trofeo Barrios Deportivo. Torneo de Campións”, que reuniu a comezos do verán os gañadores das ligas provinciais ourensás, ademais do campión da Copa Deputación; o Sobrado FS fíxose co título fronte ao Muebles Andrade, Lasider DyC, Bar 2 Tempos, Mac Donald’s, Fisaúde, Outumuro e Feás.


A xornada do sábado tamén acollerá nos Remedios a “Supercopa Barrios Deportivo” como antesala do duelo de Honra e Prata; o gañador do trofeo, Sobrado FS, medirase ao A Corna-Concello de Irixo, ás 17.00 horas.


Como novidade nas filas laranxas, o capitán, Juanma, terá a oportunidade de estrearse na pretempada co amigable ante o Lobelle, despois de estar apartado das pistas durante este mes por unha contractura isquiotibial. A única ausencia será a de André, que arrastra problemas de adutores dende a Semana Eypar de Melide; o ala-peche poderá reincorporarse aos adestramentos de pista a vindeira semana.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.