30/08/2010

A Pataca Naranxa celebra o Día do Socio/a co comezo da liga

A Pataca Naranxa celebra o Día do Socio/a co comezo da liga

A peña A Pataca Naranxa celebrará o Día do Socio/a o vindeiro sábado, 4 de setembro, cun xantar gratuíto na Parrillada de Jandro.

Coincidindo co comezo da liga de Prata, que enfrontará o Burela FS e o Melilla (Vista Alegre, 18.30 horas), A Pataca escolleu unha cita gastronómica para reunir os seus socios/as e facerlles entrega da camiseta oficial da peña 2010-11.

A comida está programada para as 14.30 horas. Todas as persoas interesadas en asistir poden apuntarse ata o xoves 2 de setembro na cafetería Vista Alegre e na Parrillada de Jandro ou a través do número de teléfono 607 748 786.

 

Asemblea. A peña celebrará este mércores, 1 de setembro, unha asemblea de carácter extraodinario (20.00 e 20.30 horas, primeira e segunda convocatoria). Nesta xuntanza a directiva presentará a memoria e balance do último exercicio, ademais do estado de contas. Tamén se debatirá o presuposto para 2010-11.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.