08/09/2010

O Burela FS segue na procura da súa mascota

O Burela FS segue na procura da súa mascota

O CD Burela FS recibirá os deseños do seu concurso ‘Na Busca da Mascota Laranxa’ ata o 30 de setembro. O club anima a afección para lanzar a mente ao voo e conseguir unha imaxe divertida do espírito de Vista Alegre.


O bosquexo gañador empregarase en actos promocionais e comunicativos do CD Burela FS. A persoa agraciada recibirá o premio, dous Abonos Simples para a tempada 2010-11, o 12 de outubro, en Vista Alegre, coincidindo co encontro da sétima xornada de Prata que enfrontará o Burela FS e ElPozo Ciudad de Murcia.


O concurso está destinado a todas as idades. No que respecta á presentación do deseño, este realizarase en formato libre, xunto á proposta dun nome, sobre o que o club terá a última decisión. Os/As participantes deberán entregar os seus traballos persoalmente nas oficinas do CD Burela FS ou envialos por correo certificado (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado).

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.