11/09/2010

Amarga estrea visitante para o Burela na pista do Antequera (6-4)

Amarga estrea visitante para o Burela na pista do Antequera (6-4)


O Burela FS non tivo hoxe a súa mellor tarde de fútbol; perdoou máis do debido e iso pasoulle factura. Os pupilos de Suso Rey regresan de terras andaluzas cunha amarga derrota na súa primeira visita de 2010-11, ante o UMA Antequera FS, nunha cita na que os goles non escasearon (6-4).


O cadro laranxa viuse obrigado a ir a remolque dende o inicio do partido, algo ao que non está nada acostumado. Un tanto temperán de Claudio da Silva adiantaba os malagueños no minuto 2 e no 14 o Antequera xa gozaba do 3-0, de Álex (8) e Tete (14). No entanto, o Burela puido acurtar as distancias antes da chegada do descanso, das zapatillas de Adri Gaona (minuto 18).


A fortuna goleadora volveulles sorrir aos malagueños no segundo período; xa no minuto 23 reaparecía Tete (4-1). Na busca dunha reorientación do partido, os burelaos optaron pola saída do porteiro-xogador, unha decisión nada acertada nos primeiros momentos, coa chegada do 5-1, de Álex (32). Non obstante, o Burela FS non cesou no seu empeño de remontada; a carreira de fondo comezou co 5-2 de Juanma (34), pero Tete volveu poñer a súa mirada na portería mariñá (6-2). Nos dous minutos finais Minu, primeiro, e Adri Gaona, despois, colocaron o 6-4, pero os laranxas non tiveron tempo para máis.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.