15/09/2010

Horario DEFINITIVO de adestramentos da Escola Deportiva Burela FS 2010-11

Horario DEFINITIVO de adestramentos da Escola Deportiva Burela FS 2010-11

A EDM Burela FS xa ten fixados os adestramentos para o curso 2010-11, que comezarán o vindeiro luns, 20 de setembro. [CALENDARIO DEFINITIVO]


 


PREBENXAMÍN


Prebenxamín A (nados/as en 2003): Luns (Vista Alegre, 18.15-19.15) e mércores (Os Castros, 19.00-20.00)


Prebenxamín B (nados/as en 2004): Luns (Os Castros, 18.10-19.10) e xoves (Monte Castelo, 18.45-19.45)


 


BENXAMÍN


* Os/As alumnos/as que estuden fóra de Burela (Nois, Foz, Cervo...) deberán asistir aos adestramentos de Benxamín C, independentemente do seu ano de nacemento.


Benxamín A (nados/as en 2001): Luns (Os Castros, 19.10-20.10) e venres (Monte Castelo, 16.00-17.00)


Benxamín B (nados/as en 2002): Luns (Vista Alegre, 17.15-18.15) e xoves (Vista Alegre, 17.30-18.30)


Benxamín C (nados/as en 2001-2002): Luns (Monte Castelo, 19.00-20.00) e venres (Os Castros, 19.15-20.15)


 


ALEVÍN


Alevín A (nados en 1999): Luns (Vista Alegre, 19.15-20.15) e venres (Os Castros, 18.15-19.15)


Alevín B (nados en 2000): Luns (Os Castros, 17.10-18.10) e venres (Vista Alegre, 17.00-18.00)


 


INFANTIL


Infantil MASCULINO (nados en 1997-98): Martes (Vista Alegre, 18.15-19.30) e xoves (Os Castros, 18.00-19.30)


Infantil FEMININO: Martes (Os Castros, 18.00-19.00) e xoves (Vista Alegre, 18.30-19.30)


 


* Salvo cambios de última hora, debido a concreción dalgunha actividade nos pavillóns, este será o horario definitivo da Escola de Fútbol Sala. Confirmaranse definitivamente o venres 17


 


Estes horarios tamén se poderán consultar nos taboleiros dos pavillóns e na oficina do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado).

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.