18/09/2010

Gran debut do Burela FSF Pescados Rubén ante as favoritas

Gran debut do Burela FSF Pescados Rubén ante as favoritas

O Burela FSF recibiu un excesivo castigo na súa primeira aparición da tempada na División de Honra. O conxunto que adestra Pardeiro perdeu por 6-2 na pista do Móstoles Cospusa, un dos grandes favoritos ao título logo de reforzarse con algunhas das mellores xogadoras da pasada Liga.

O cadro mariñán callou unha excelente primeira metade, tuteando ao cadro mostoleño e dominándoo nalgunhas fases. As madrileñas non puideron en ningún momento coa armazón defensiva laranxa salvo cun tanto no minuto 3. As burelenses equilibraron o marcador dez minutos máis tarde e ata tiveron un par de ocasións para irse ao descanso con vantaxe.

A segunda metade comezou polos mesmos camiños, cun Burela FSF moi asentado defensivamente, aínda que Patri Chamorro aproveitou unha xogada de córner para adiantar ao seu equipo. Claudia, tamén nunha estratexia puxo o empate.

Os últimos dez minutos determinaron a sorte do partido, sobre todo tras o terceiro gol local, que chegou tras unha falta non sinalada a Dolo. As burelás apostaron despois por porteira-xogadora e o equipo madrileño ampliou o marcador ata un inxusto 6-2.

 

Ver crónica

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.