20/09/2010

O Ribadeo FS paga a novatada no seu debut en Autonómica ante as viguesas (1-3)

O Ribadeo FS paga a novatada no seu debut en Autonómica ante as viguesas (1-3)

Os nervios, por aquilo do debut, das novas xogadoras ribadenses puideron ser a causa de que o Panificadora del Eo-Ribadeo FS non dese a sorpresa ante o potente CIOS Vigo no primeiro partido do arranque da tempada en Autonómica Feminina. Cumpriuse o previsto e, aínda que o Ribadeo lle plantou cara a un CIOS ben asentado na pista e con xogadoras experimentadas, non foi suficiente para que os tres puntos en litixio se quedasen na casa (1-3).


As visitantes tomaron a dianteira no marcador e mantiveron as distancias ata o descanso, con goles de Luz (minuto 12), ao bater a Carla de tiro cruzado despois do roubo dun balón na zona de elaboración do equipo local, e de Mª. del Carmen (minuto 16), nun un contra un coa meta local.


No reinicio, a tranquilidade reinou entre as ribadenses e o partido entrou nun toma e daca sen dominador claro, con moitas ocasións en ambas as porterías. No minuto 31, a cadete local Nuria conseguiu perforar a meta viguesa tras unha excelente parede con Eva para subir o 1-2. A ilusión das ribadenses por remontar o encontro veuse abaixo no minuto 37, cando de novo a goleadora Luz puxo o definitivo 1-3.


Xornada 2. O Panificadora xogará de novo como local ante o tamén ascendido Castrelo FSF, de Castrelo de Miño.


 


Ficha técnica


Panificadora del Eo-Ribadeo FS: Carla, Sofía, Nuria, María e Fátima, no cinco inicial; tamén xogaron Eva, Iria, Yoli e Elvira.


CIOS Vigo FS: Rocío, Julia, María, Mª. del Carmen e Margarita, no cinco inicial; tamén xogaron Paula, Sabela, Luz, Silvia e Iria.


Goles: 0-1, minuto 12, Luz; 0-2, minuto 16, Mª. del Carmen; 1-2, minuto 31, Nuria; 1-3, minuto 37, Luz.


Tarxetas amarelas: Margarita, polo CIOS Vigo FS


Incidencias: Destacadas polas locais, Sofía e a porteira Carla e, polas visitantes, a goleadora Luz y a meta Iria, con oportunas intervencións.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.