23/09/2010

O Burela FS afronta a segunda cita lonxe da bomboneira en Andorra

O Burela FS afronta a segunda cita lonxe da bomboneira en Andorra

O Burela FS afrontará este sábado a súa segunda cita lonxe da bomboneira, na cuarta xornada de Prata, en terras pirenaicas. Para o BP Andorra, vello coñecido laranxa, esta será a estrea ante a súa afección, despois de dous encontros como visitante e da xornada de descanso. O partido dará comezo ás 18.30 horas.


O cadro de Suso Rey chega a Andorra navegando polo ecuador da táboa, con 6 puntos no seu poder. Fronte aos mariñáns defenderá a súa cancha un conxunto que mantén o bloque da tempada pasada con Paulinho, Cabinho, Carlinhos, Moisés, Marimón..., ademais da incorporación de Aramburu, pichichi do Gijón-El Llano en 2009-10 con 29 goles. Á fronte deste cadro atópase Jandro Álvarez, ex-adestrador do Eivissa, que aposta pola defensa intensa e a liberdade de movemento no ataque.


Ata o momento o BP Andorra aínda non coñece a vitoria. Os seus encontros anteriores resolvéronse cun empate, ante o Puertollano (4-4), e unha derrota, fronte ao Ribera Navarra (6-4).


Víctor Cachón será, de novo, a ausencia da escuadra laranxa; se todo discorre segundo o previsto, o ala-pivote estará afastado das pistas en torno a tres semanas por unha rotura parcial de ligamento lateral interno.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.