04/10/2010

A Mariña FS conmemora o Día Mundial da Saúde Mental cun amigable futbolístico

A Mariña FS conmemora o Día Mundial da Saúde Mental cun amigable futbolístico

A Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da comarca e o seu equipo, A Mariña FS, conmemorarán o Día Mundial da Saúde Mental (10 de outubro) cun amigable futbolístico que terá lugar mañá, 5 de outubro, no pavillón Monte Castelo (17.00 horas) entre os integrantes do conxunto e os monitores e voluntarios do colectivo.

Esta actividade forma parte das xornadas ‘Benestar Xeral para unha Saúde Mental’, que a asociación mariñá desenvolverá ao longo de toda a semana. Dende hoxe, especialistas na materia darán a coñecer a realidade das patoloxías mentais a través de diversos relatorios. Unha xornada de portas abertas nos dous centros de rehabilitación psicosocial e laboral da Mariña, en Ribadeo e Burela, pechará o encontro o 8 de outubro.

O CD Burela FS presta o seu apoio á Asociación de Axuda Mental da Mariña dende hai anos. Na tempada pasada, ambas as entidades formalizaron a nutrida colaboración a través dun convenio, a través do que os membros da asociación comarcal dispoñen de pases gratuítos para presenciar os encontros dos primeiros equipos laranxas, en Prata e Honra. Ademais, os xogadores e xogadoras tamén realizan visitas e participan en xornadas de convivencia cos socios/as do colectivo. En xullo de 2010, o club laranxa participou na organización da fase final da Copa Galega de Balompé ‘Todos polo Fútbol’, con A Mariña FS como anfitrión.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.