10/10/2010

Lidia conduce a remontada laranxa para selar o primeiro triunfo en Vista Alegre

Lidia conduce a remontada laranxa para selar o primeiro triunfo en Vista Alegre

O Burela FSF Pescados Rubén remonta un 0-2 ante o Natudelia.com Zaragoza para alzarse coa primeira vitoria (5-2) en Vista Alegre. Este triunfo permite ao conxunto burelense escalar ata a zona morna da División de Honra.


Empezou mal o choque para os intereses laranxas xa que aos dous minutos de xogo Sareta, tras un lanzamento de falta, adiantou o seu equipo para acentuar a súa filosofía de contragolpe inicial. As burelenses non lograban realizar o seu xogo habitual e sufrían en demasía coas contras visitantes. Desta forma chegou o 0-2, logrado por Bárbara no minuto 12 de xogo. Acto seguido, o técnico local, Javier Pardeiro, solicitou un tempo morto que tivo un efecto inmediato no equipo local. Na primeira acción, Lidia conseguiu marcar o 1-2 co que se chegou ao descanso.


Na continuación, o panorama variou sensiblemente xa que o Burela empezou a mostrar a súa mellor versión e controlar con maior eficacia o único recurso visitante, o contragolpe. De novo emerxeu a figura de Lidia que nunha brillante acción individual estableceu o 2-2, minuto 22. O empate fixo madeixa no cadro zaragozano, que non puido evitar a remontada laranxa certificada por Rosana, tras cabecear un balón longo enviado por Jozi. O dominio burelense era total e Lucía, nunha lanzamento de falta, e Cuchi tras unha brillante acción colectiva sentenciaron definitivamente o encontro. 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.