11/10/2010

Os laranxas reciben a ElPozo Ciudad de Murcia dende a quinta praza

Os laranxas reciben a ElPozo Ciudad de Murcia dende a quinta praza

O Burela FS recibe mañá a ElPozo Ciudad de Murcia, na sétima xornada de Prata (Vista Alegre, 18.30 horas). Tras a traballada vitoria en Tobarra (1-2) do sábado pasado, os laranxas mediranse, dende a quinta praza (11 puntos), a un rival descoñecido, situado na metade baixa da táboa, que chegará con sede de puntos tras a derrota ante o OPDE Ribera Navarra (1-2).


Os pupilos de Suso Rey intentarán asentar na bomboneira a liña evolutiva que vén desenvolvendo o equipo nos últimos encontros. Pasiño a pasiño o Burela FS está logrando construír un camiño sólido; con tres vitorias e dous empates, os mariñáns mantéñense invictos dende a segunda xornada.


Nesta cita, a escuadra burelista deberá saber espremer o crecemento que sempre experimenta na casa, rodeada da gran marea laranxa, ante un rival ao que non lle vai nada ben ser visitante; no que vai de tempada os murcianos tan só puideron puntuar como locais (Eivissa 7-4 e Albacete 3-3).


Para mañá repetirán ausencia Víctor Cachón, que se recupera dunha rotura de ligamento lateral interno, e Adri Gaona, apartado estes días das pistas por unha microrrotura no músculo recto anterior.


Xornada 8. A terceira cita dos burelistas nesta esixente semana será o domingo 17 en terras estremeñas, ante o Cáceres 2016 (12.00 horas).

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.