13/10/2010

Ribeira de Piquín FS, primeiro rival burelao na XX Copa Galicia

Ribeira de Piquín FS, primeiro rival burelao na XX Copa Galicia

O Burela FS xa coñece a identidade do seu primeiro rival na XX Copa Galicia; será o Ribeira de Piquín FS, de Primeira Nacional B, segundo o sorteo realizado o luns pasado na sede da Federación Galega de Fútbol Sala. A eliminatoria de cuartos decidirase a partido único, na pista do conxunto ribeirego, antes do 10 de decembro.


Unha vez finalizadas as roldas previas dos equipos de inferior categoría, o Burela FS incorpórase aos cuartos de final xunto ao Azkar Lugo e Xacobeo 2010 Lobelle de Santiago, da Divisón de Honra.


A fase final disputarase entre o 5 e o 6 de xaneiro de 2011.


 


CUARTOS DE FINAL


1) Ribeira FS-Burela FS
2) Pinturas Brulack-Azkar Lugo
3) H. Torques Mera-O Parrulo
4) O Carballiño FS-Xacobeo 2010 Lobelle

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.