16/10/2010

Espectáculo goleador ante o Soto madrileño (8-2)

Espectáculo goleador ante o Soto madrileño (8-2)

O Burela FSF Pescados Rubén regresou hoxe a senda triunfal con espectáculo goleador en Vista Alegre, ante o Soto del Real (8-2). Tres puntos máis para a cuadrícula laranxa, que lles permiten ás mariñás a escalada na zona media da táboa ata a sétima praza.


As pupilas de Javier Pardeiro souberon dominar e rematar un encontro que, a pesar das numerosas ocasións iniciais, se puxo en contra no marcador, aínda que por pouco tempo. Lucía, con catro tantos, foi a referencia goleadora da cita.


As laranxas saíron á pista co obxectivo máis que claro, creando perigo dende o comezo. Trancorridos apenas dous minutos, chegaba unha extraordinaria ocasión, nun lanzamento cruzado de Dolo que saía desviado. Cun equilibrio de forzas paulatino e aínda que as burelistas non cesaban na súa teima de abrir o electrónico, foi Pitu quen subiu o 0-1 (minuto 13) para as madrileñas, nun balón baixo que aproveitou dende un saque de esquina. Non obstante, pouco lles durou a ledicia ás visitantes, que tiveron que sufrir a implacable reacción do Burela cunha inspirada Cuchi, que puido empatar e soubo levar as súas con vantaxe para o descanso (minutos 16 e 17).    


Con 2-1, o cadro de Pardeiro reapareceu con ganas de máis e tocoulle a vez a Lucía. Dun potente lanzamento dende saque de banda, primeiro, e nun bonito xogo de pases con Dolo, despois, a pichichi laranxa ampliaba a distancia ata o 4-1, a tan só dous minutos da reanudación. Sen perigo en exceso, as visitantes puideron anotar o 4-2 presionando, nunha perda de balón da mesma Lucía ao lado da meta de Jozi.


Faltando sete minutos para o final e con cupo de faltas, o Soto quixo darlle a volta ao partido coa saída de Pitu como porteira-xogadora. Pero volveu Lucía para anotar o 6-2, nun dobre penalti. Lonxe de surtir efecto o cinco contra catro, Lara e, de novo, a pichichi burelista afinaron puntería dende propia pista para o 8-2 definitivo.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.