O Burela desperdicia a vantaxe en Puertollano (3-2)
O Antonio Rivilla resistiuse de novo ao bo xogo laranxa. O Burela FS desperdiciou a vantaxe da primeira parte e viu escapar os tres puntos ante o forte Puertollano FS (3-2).
A superioridade burelista deixouse ver dende os momentos iniciais. Dende media pista, Minu abriu o marcador xa no 6, combinando intensidade e presión cunha férrea liña defensiva ata a chegada do descanso.
No segundo período, os castelano-manchegos aproveitaron seis minutos de desconcerto visitante. Primeiro Robert (22) e despois Fer (24) e Merino (28) conseguiron darlle a volta ao electrónico. Nos compases finais os mariñáns pelexaron por volver meterse no partido ameazando con porteiro-xogador; Purao reduciu as distancias no minuto 38, pero non houbo tempo para máis.
Os laranxas gozarán da xornada de descanso e recuperarán forzas dende a quinta praza. O Burela FS está empatado a puntos co Maristas Valencia (24), que é cuarto tras a vitoria en Eivissa (2-3); por detrás sitúanse o BP Andorra (20), que vén de golear o FC Barcelona B (8-0); Unión África Ceutí (18), que se impuxo ao Fuconsa Jaén (4-3); e Lanzarote Tías Yaiza (17), que empatou co líder, Colegios Arenas Gáldar, en goleada (9-9).
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas