22/11/2010

O I Encontro do Deporte Base na Mariña, última cita de José Venancio antes do Mundial Feminino

O I Encontro do Deporte Base na Mariña, última cita de José Venancio antes do Mundial Feminino

O I Encontro do Deporte Base na Mariña, do vindeiro sábado 27, será a última cita para José Venancio antes de internarse na concentración da Selección Española Feminina e no Torneo Mundial (7-11 de decembro).


O encontro mariñán, que organiza o CD Burela FS, terá a honra de contar na súa primeira edición cun padriño de excepción, que será o protagonista de toda a xornada. José Venancio inaugurará a cita, ás 10.00 horas, no Hotel Nordés de Burela cunha conferencia que versará sobre a actualidade do fútbol sala e a estrutura dos clubs dende a base; ás 10.45, unha mesa redonda analizará o fútbol sala feminino de elite. Acto seguido, a entidade laranxa homenaxeará a traxectoria do seleccionador nacional coa entrega da Insignia de Ouro e Brillantes do CD Burela FS (12.00 horas). A sesión matinal rematará cunha sesión práctica en Vista Alegre, que José Venancio compartirá co alumnado da EDM Burela FS (12.45 horas).


Xa pola tarde, o seleccionador protagonizará unha sinatura de autógrafos no pavillón e será nomeado Socio de Honra do club mariñán, antes do partido da máxima categoría que medirá o Burela FSF Pescados Rubén co Femesala Elche (18.30).

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.