O CD Burela FS reúnese na súa tradicional foto de familia
O CD Burela FS congregou hai uns días a todos os seus xogadores e xogadoras para a tradicional cita da axenda laranxa, a foto de familia.
Vista Alegre acolleu a xeracións e xeracións de deportistas, dende prebenxamín ata sénior, nunha reunión na que tamén participaron directivos e corpos técnicos. Máis de 200 caras protagonizaron a instantánea da gran familia laranxa 2010-11 entre xogadores/as, técnicos/as, delegados/as, persoal médico…
Esta é a cuarta tempada da entidade laranxa xestionando a solicitada escola deportiva de fútbol sala, en colaboración co Concello de Burela e cun importante apoio do sector privado. Máis de 160 pequenos/as futbolistas da Mariña, entre os 10 equipos das escolas e os 2 da base do club, adestran baixo as ensinanzas do CD Burela FS.
Un exercicio máis a gran familia burelista e as instantáneas de todas as súas categorías volverán felicitar o ano co Calendario Laranxa.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas