07/12/2010

O Panificadora cae aos postos de descenso

O Panificadora cae aos postos de descenso

A derrota local do sábado pasado por 1-4 ante o pontevedrés CDM Bembrive FS e a ampla vitoria a domicilio do Carballiño FS en Castrelo de Miño relegan ás ribadenses aos postos de descenso por primeira vez na súa andaina por Autonómica.


Adiantouse no marcador o Bembrive no minuto 7 e no 12 empatou o Panificadora por mediación de Sofía. Pouco durou a ilusión porque no minuto 15 de novo finalizou o Bembrive.


Na continuación intentábano de novo as ribadenses e afanábanse sobre a portería visitante, pero no minuto 29, as pontevedresas deron ao traste coas esperanzas das mariñás ao encaixar estas o 1-3. Con máis corazón que cabeza o Panificadora continuou no seu empeño pero sen acerto. O seu arriscado ataque deixou flancos na súa defensa, que facilitaron ao Bembrive o 1- 4 (minuto 36) definitivo.


Ficha técnica


Panificadora del Eo-Ribadeo FS: Vanessa, Marta, Iria, Sabela e Fátima (1), cinco inicial; tamén xogaron Sofía (1), Yoli, Arancha e Carla.


CDM Bembrive FS: Nati, Sofía, Gloria, Paola e Andrea (2), cinco inicial; tamén xogaron Raquel, Lara (2), Ana, Celia e Jennifer.


Árbitros: Andrés Saa Ramos e Antón Menéndez Nistal (anotador), da delegación lucense. Expulsaron por dobre amarela a Sofía, do Bembrive, e con vermella directa á porteira local Carla por suxeitar a unha contraria sendo a última xogadora.


 


Provincial masculina. Nova e axustada vitoria a domicilio do Ribadeo FS, esta vez en Baralla (3-4). Os mariñáns manteñen a segunda praza, a seis puntos do líder, Área 10, e un por encima do Cidade de Viveiro. A próxima fin de semana visitará Ribadeo o Hotel Roma de Sarria, undécimo clasificado con 7 puntos.


Provincial feminina. O Xoula saíu derrotado da súa visita a Lugo. As mozas ribadenses non puideron dobregar ás corpulentas xogadoras do FSF Lucense e acabaron perdendo por 4-1. O próximo enfrontamento, antes do descanso do Nadal, será na Mariña fronte ao potente Guntín FSF.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.