O Burela FSF Pescados Rubén conquista o triplete do Raíñas Meigas
O Burela FSF Pescados Rubén proclamouse campión da terceira edición do Raíñas Meigas tras vencer ao Poio FSF por 7-3. Con esta vitoria o conxunto laranxa alcanza o triplete no clásico torneo do Nadal no que derrotou ao Fervenza e Cidade das Burgas, edición 2009, e ao Valladolid en 2010.
No duelo ante o Poio a escuadra dirixida por Javier Pardeiro venceu con autoridade e solvencia aínda que o conxunto pontevedrés mostrou unha boa imaxe en Vista Alegre. O inicio do choque estivo marcado pola boa defensa e o rápido contragolpe visitante, mentres que o conxunto burelense dominaba pero carecía de fluidez no seu xogo. No minuto sete, Marisa logrou o 0-1 nun contragolpe, marcador que puido ampliar o Poio noutras dúas accións idénticas pero errou na definición.
A partir do minuto dez o Burela comezou a circular mellor e con maior velocidade. Emerxeu entón a figura de Vanessa que cunha asistencia maxistral habilitou a Dolo que definiu ante Esther, minuto 16, para establecer o empate. O Burela cambiou de marcha e o Poio non lograba manter a intensidade inicial. Claudia desfixo o empate cun disparo desde a frontal, minuto18, e Vanessa transformou un doblepenalti para situar o 3-1 co que se chegou ao descanso.
Na continuación, o Burela aumentou o ritmo de xogo e Lidia encarrilou o encontro con dous goles máis, minuto 21 e 22. O Poio viuse incapaz de frear o xogo local e buscou a meta laranxa con máis corazón que cabeza, ata coa opción de porteira xogadora. Vanessa logrou o dobrete ao marcar o 6-1 nun contragolpe. Entón o Burela relaxouse e Peke, con dous goles, reduciu distancias pero Rosana foi a encargada de pechar o encontro co 7-3 final.
Burela FSF Pescados Rubén: Jozi, Lucía, Dolo, Claudia, Rosana –cinco inicial- Lidia, Cuchi, Lara, Milena, Lola e Vanessa.
Poio FSF: Esther, Claudia, Charo, Marisa, Peke –cinco inicial – Isa, Sonia, Kiko, Eliane, Nuria, Lara e Anita.
Goles: 0-1, m.7, Marisa; 1-1, m.16, Dolo; 2-1, m.18, Claudia; 3-1, m.19, Vanessa; 4-1, m.21, Lidia; 5-1, m.22, Lidia; 6-1, m.27, Vanessa; 6-2, m.29, Peke; 6-3, m.32, Peke; 7-3, m.37, Rosana.
Infantil Feminino
Polo ED EON Burela FS xogaron Carla, Silvia Otero, Ana, Paula, Gracieth, Matilde, Yaiza, Dara, Claudia, Paula e Silvia.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas