16/01/2011

A vitoria do feminino en Córdoba (1-4) achégao máis á terceira praza

A vitoria do feminino en Córdoba (1-4) achégao máis á terceira praza

O Burela FS Feminino Pescados Rubén acadou un importante triunfo ante o Cajasur Córdoba (1-4) e achégase máis deste xeito á terceira praza da clasificación. Lucía e Lara adiantaron o conxunto laranxa na primeira parte e Lucía volveu anotar un gol impresionante desde 16 metros na segunda metade que deu a tranquilidade ás de Pardeiro, logo de que Noe puxera o 1-2 no marcador, no minuto 19.


Dolo foi a encargada de pechar a conta anotadora (1-4. Minuto 36) cando as locais xogaban con porteira xogadora e o Burela FSF defendía a súa porta sen grandes complicacións.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.