23/01/2011

Un mal día que custa dous puntos

Un mal día que custa dous puntos

O Burela FS disputou onte un dos seus partidos máis frouxos no Vista Alegre de toda a tempada e non pasou do empate a un gol ante o Antequera, un cadro da zona baixa da División de Prata. Os mariñáns acusaron excesivamente as ausencias de Juanma, lesionado, e de Adri Gaona, por un asunto persoal, con permiso do club. As baixas propiciaron unha diminución na rotación que levou un cansazo notable nos xogadores, aínda que curiosamente os mellores minutos laranxas chegaron no tramo final.


O comezo do choque resultou esperanzador para o conxunto burelense, que nos tres primeiros minutos xa puxera a proba dúas veces ao meta José, moi seguro e acertado toda a tarde. Víctor Cachón cun disparo cruzado e cunha boa volea buscou pór por diante ao seu equipo, pero en ambas as ocasións topouse cunha boa resposta. A dobre ocasión non fixo tremer ao Antequera, disposto a defender próximo ao seu porteiro e buscar a súa oportunidade á contra.


A ocasión apareceu no minuto 3, tras un roubo de balón de Álex, que este mesmo xogador converteu en gol batendo por baixo a Edu. Era a primeira chegada clara dos andaluces, que se puñan por diante no marcador. O tanto non supuxo cambios na formulación do partido, xa que ambos conxuntos seguiron ao mesmo, co Burela FS marcando o ritmo, pero sen profundidade e o Antequera cómodo nos once metros, esperando outra oportunidade para aumentar a súa renda antes do descanso.


O Burela FS colocouse con cinco faltas a falta de catro minutos, o que limitou a súa agresividade defensiva, pero un roubo de balón acabou en Manu Jiménez, que atopou a cabeza do reaparecido Minu para colocar o empate a un. A falta de 34 segundos o Antequera tivo unha ocasión para irse ao descanso con vantaxe, pero o dobre penalti lanzado por Tete neutralizouno Edu, que aprareceu cando o seu equipo o necesitou.


O Burela FS mellorou substancialmente na segunda metade, imprimindo maior ritmo ao xogo a pesar da súa escaseza de rotacións. A intensidade burelense puxo en xaque á defensa do Antequera, que fixo cinco faltas nos primeiros 11 minutos, aínda que os mariñáns non chegaron a lanzar ningún dobre-penalti.
Os mellores minutos dos laranxas chegaron na postrimerías do duelo. Os xogadores locais puxeron cerco á meta de José, con especial actividade de Purao, que tivo ata tres ocasións para darlle o triunfo ao seu equipo. Tamén Cristian puido atopar o premio buscado, pero José sempre respondeu a todas as tentativas do cadro local.  

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.