02/02/2011

Antón, Juan e Manu visten de branco e azul para a final de Segovia

Antón, Juan e Manu visten de branco e azul para a final de Segovia

Os burelistas Antón, Juan e Manu cambiarán o laranxa polo branco e azul para a final do Campionato Nacional de Seleccións Territoriais, que se desenvolverá en Segovia entre mañá e o domingo, coincidindo coa XXII Copa de España.


Cataluña será o primeiro rival dos galegos, mañá a partir das 16.30 horas, no pavillón Pedro Delgado. No caso de saír vitorioso, o combinado irmandiño terá que agardar ata o sábado para medirse a Andalucía (13.00 horas); se non supera o primeiro encontro o enfrontamento cos andaluces será o venres (12.00 horas).


No caso de rematar vencedores, os pupilos de Santiago Valladares loitarán polo título ante o gañador de Valencia, Melilla e Asturias; será o domingo, ás 12.00 horas.



Sub-23 feminino. A Selección Galega Sub-23 feminina comezará a preparar o campionato nacional (Estepona, 1-6 de marzo) a vindeira semana. Para a primeira sesión, María Bardanca reclamou a presenza das xogadoras burelistas Lidia e Lara; será no pavillón santiagués Monte dos Postes o luns 7 (18.30 horas). Completan a convocatoria Sara Martínez, Marta Rodríguez, Ana Rivera e Jessica Diéguez, do Ponte Ourense; Ana López, Laura Pérez, Lucía Álvarez, Iria Saeta e Vanessa Sotelo, do Cidade das Burgas; Iria Vieiro, Paula Lorenzo, Erika González e Sheila González, do Meirás Valdetires; Beatriz Filgueira, Sara Fernández e Alejandra de Paz, do Fervenza; María López, Lucía Souto e Claudia Martínez, do Ateneo Combarro; Yolanda Saa, Carmen Zas e Natalia Castro, do Leis Pontevedra; e María Pérez, Paloma Vilar e Patricia Corral, do Viajes Amarelle.


 


Infantil. Tamén haberá representación laranxa na posta a punto do combinado infantil; os alumnos da ED EON Burela FS Christian García, Renato Lopes e Mamadou Diouf adestrarán mañá coa selección no pavillón municipal de Teixeiro (17.45 horas).

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.