04/02/2011

Voluntarios de Alcoa e o CD Burela FS estudan a reanimación cardiopulmonar

Voluntarios de Alcoa e o CD Burela FS estudan a reanimación cardiopulmonar

O CD Burela FS reuniu esta tarde, no pavillón municipal Vista Alegre, máis dunha trintena de alumnos/as nun curso de Reanimación Cardiopulmonar, integrado no Plan Action da Fundación Alcoa e destinado ao profesorado da ED EON Burela FS e delegados/as de todas as categorías da entidade laranxa.


A apertura da xornada contou coa presenza da responsable de Relacións coa Comunidade de Alcoa-San Cibrao, Hilda Rubal; o xefe de Contabilidade da planta Alumina, Jesús Tapia; a supervisora de Ambiente, Vanessa Expósito; e o directivo do club mariñán, Marcelino Luna.


No acto, Jesús Tapia aplaudiu a iniciativa do CD Burela FS e fixo referencia á intención da multinacional de continuar co apoio a proxectos formativos que inciden na saúde e na seguridade. Marcelino Luna, pola súa banda, quixo agradecer a axuda prestada por Alcoa-San Cibrao e os seus traballadores voluntarios, así como o persoal de Protección Civil de Cervo; tamén salientou a importancia que ten para calquera entidade deportiva que os seus membros “saiban aplicar o protocolo de reanimación, ademais de ter acceso ao desfibrilador nas instalacións de xogo”. Antes do inicio do curso, Hilda Rubal fixo entrega dun cheque por valor de 3.000 dólares ao club, como colaboración na iniciativa.


Ao longo de tres horas, o responsable de Protección Civil de Cervo, Mario Antuña, impartiu unha clase teórico-práctica, na que os asistentes puideron aprender e estudar o funcionamento da técnica RCP en situacións de urxencia e dentro do ámbito deportivo.


Con este curso, o CD Burela FS dá continuidade a unha colaboración coa Fundación Alcoa e o Plan Action que xa comezou en abril de 2009, cunha Xornada de Xogos Tradicionais que a entidade laranxa organizou con varias asociacións de discapacitados físicos e/ou psíquicos da Mariña.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.