08/02/2011

O CD Burela FS organizará a Copa de España Feminina de Fútbol Sala

O CD Burela FS organizará a Copa de España Feminina de Fútbol Sala

O CD Burela FS terá a honra de organizar a XVII Copa de España Feminina de Fútbol Sala ao finalizar a liga da tempada 2010-11. Así lle foi comunicado esta mesma mañá á entidade laranxa pola Real Federación Española de Fútbol, que se decidiu pola proposta mariñá “unha vez estudadas as solicitudes recibidas”.


No ano en que o club cumpre o seu décimo aniversario, Vista Alegre acollerá por primeira vez un campionato nacional tras converterse na sede doutros eventos de referencia no panorama futbolístico como a XVII Copa Galicia en 2006 ou os amigables da Selección Española ante Romanía e Uruguai, en 2007 e 2008.


Nos vindeiros días iranse concretando os pormenores da gran cita futbolística que reunirá na vila burelá sete dos mellores equipos da División de Honra, xunto ao anfitrión laranxa.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.