19/02/2011

Un Burela pouco madrugador sucumbe ao parapeto levantino (5-4)

Un Burela pouco madrugador sucumbe ao parapeto levantino (5-4)

Un Burela FS pouco madrugador non puido desartellar o parapeto de ElPozo Ciudad de Murcia (5-4). Cunha reacción tardía, os laranxas non puideron sobrepoñerse tras o ecuador dunha primeira parte imprecisa en ataque e feble en defensa.


Axiña se torceron as cousas para os pupilos de Suso Rey, con dous tantos en contra xa aos catro minutos da bucina inaugural. Contra vento e marea loitaron os laranxas para non deixarse engulir polo electrónico; así Esteller puido mitigar as distancias no minuto 10, pero este non era o día do Burela FS, que pagou os seus erros con tres dianas máis baixo os paus de Edu, no último cuarto do primeiro período.


Co reinicio, viuse na pista un novo Burela FS, máis esperto e fresco. Os laranxas saíron para darlle volta ao marcador e comezaron ben; no minuto 26 Víctor Cachón subiu o 5-2 e no 35 Christian o 5-3. Coa axuda de Purao como porteiro-xogador, chegou o 5-4, novamente de Cachón. No entanto, o bo xogo destes vinte minutos, con mala sorte en dous dobres penaltis, non foi suficiente para borrar a vantaxe coa que chegaron os locais ao descanso.


A derrota en Murcia conduce os burelistas á oitava praza, empatados co Arcebansa Zamora, que perdeu co Barcelona B (2-4). A quinta e sexta praza están a un punto, ostentadas polo BP Andorra, que vén de empatarlle ao Colegios Arenas Gáldar (3-3), a e ElPozo, respectivamente.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.