27/02/2011
O pechacancelas inverte o guión e dana o orgullo do Burela
Sorpresón no Vista Alegre. O pechacancelas Cáceres saqueou a fortaleza laranxa e deixou o Burela sen os tres puntos e moi danado na súa honra. O equipo mariñán non atopa saída ás súas crises de resultados e tampouco a fórmula para traducir o seu dominio en goles e vitorias. Onte volveu contabilizar unha alta porcentaxe de posesión e incontables situacións claras de gol, sobre todo no segundo período, pero viuse sorprendido por un inimigo que explotou á perfección a estratexia dos equipos menores: defensa e contragolpe. Nos momentos de maior acoso local, Christian culminou unha xenialidade de Clebinho para facer o 1-0 e o brasileiro e Cachón estrelaron o balón no poste pouco despois. Mereceu máis o Burela, pero o Cáceres levou o botín.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas