02/03/2011

A Mariña FS 12-1 APEM Carballo

A Mariña FS 12-1 APEM Carballo

A Mariña FS impúxose onte ao APEM Carballo (12-1). Os tantos foron marcados por Jesús Javier García (1), Pablo Díaz (2), Juan Manuel Sánchez (1), José Angel Eiras (4), Roberto López (3) e Ramón Sixto (1), no referente ao equipo local, e por José Manuel Rama (1), por parte dos visitantes.

Na tarde de onte reflectiuse, unha vez máis, a importancia do deporte para a mellora terapéutica dos usuarios das asociacións de Axuda ao Enfermo Mental e para elevar a súa autoestima.

O conxunto mariñán retomará a competición o martes 22 de marzo en Burela ante o APEM Cambre.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.