Presentación da XX Copa Galicia (Lalín, 7-8 marzo)
O consistorio de Lalín acolleu esta mañá a fase final da XX Copa Galicia de Fútbol Sala, que se disputará o 7 e 8 de marzo e que enfrontará no Lalín Arena o Azkar Lugo e o Burela FS, na primeira semifinal, e Lobelle de Santiago e o Mera FS, na segunda.
O acto estivo encabezado polo presidente da Federación Galega de Fútbol Sala, Juan Probaos; o coordinador de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, Guillermo Barcia; o alcalde de Lalín, José Crespo; e o concelleiro de Deportes, Nicolás Varela; ademais de representantes dos catro clubs participantes, entre os que asistiron José Luis Sáez e Fernando López, director xeral e xerente da entidade laranxa, respectivamente.
Luns 7de marzo
19.00 horas: Azkar Lugo-Burela FS
21.00 horas: Xacobeo 2010 Lobelle de Santiago-Mera FS
Martes 8 de marzo
18.30 horas: FINAL
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas