07/03/2011

Ribadeo FSF 2-4 Leis Pontevedra

Ribadeo FSF 2-4 Leis Pontevedra

Nun excelente partido con oportunidades e méritos para as dúas partes, o marcador deulle as costas ao Panificadora do Eo-Ribadeo FSF ante o efectivo Leis Pontevedra, segundo clasificado de Autonómica.


Saíron as do Leis a resolver canto antes, pero as ribadenses aplicáronse en non deixar fisuras Na súa defensa e obrigaron as visitantes ao tiro exterior. No minuto 7 as pontevedresas conseguiron o 0-1, nunha xogada individual que finalizou cun lanzamento cruzado. A partir dese momento o Panificadora adiantou as súas liñas para achegarse con perigo á portería da visitante Irene, aínda que sen acerto.


Na continuación foron as ribadenses as que pasaron a dominar o encontro, froito da presión exercida sobre o rival. No minuto 23 Eva e no 26 Fátima conseguiron dar a volta ao marcador e pór por diante o Panificadora. Un minuto máis tarde, por un descoido dunha xogadora local, o Leis igualou. Un maior oficio das visitantes fixo decantar o electrónico ao seu favor, no minuto 37, en xogada de estratexia ao saque dunha falta. Este gol desconcertou ás ribadenses e así, un minuto máis tarde, apareceu o 2-4 definitivo, tras unha perda de balón de dúas locais na zona de elaboración. O ataque con porteira-xogadora do Panificadora, durante os dous minutos finais, non variou o marcador.


O Concello de Mos será o rival do Panificadora na próxima xornada.


Provincial feminina. O Xoula-Ribadeo FS non puido continuar a súa serie de vitorias ao caer en Guntín por 4-1. A pesar desta derrota, as ribadenses, que descansarán a próxima xornada, manteñen a cuarta praza.


Provincial masculina. O Ribadeo FS venceu a domicilio o Navia de Suarna por 4-1 o pasado fin de semana no Pombal lugués e mantén a cuarta posición. O vindeiro sábado en Ribadeo recibirá ao líder, Área 10.


 


Ficha técnica


Panificadora do Eo-Ribadeo FS: Carla, Eva (1), Marta, María e Fátima (1), cinco inicial; tamén xogaron Nuria, Sofía, Iria e Toñi.


Leis Pontevedra FS: Irene, Gema (1), Mari Luz (2), Carmen (1) e Elena, cinco inicial; tamén xogaron Magalú, Raquel, Silvia, Nerea e Sara.


Árbitros: Javier e Luis Menéndez Nistal, da delegación de Lugo.
Cartóns amarelos: Mari Luz, polo Leis, e María e Sofía, polo Panificadora.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.